¿En qué podemos axudarte?

Osteopatía

Trátase dunha disciplina terapéutica e dun conxunto de coñecementos específicos baseados na anatomía e fisioloxía do corpo humano, o coñecemento de como interveñen os diferentes tecidos na produción da enfermidade e a aplicación de técnicas de normalización das funcións alteradas


Indución Miofascial

É un concepto terapéutico, pertencente á Terapia Manual, dirixido ao restablecemento funcional do alterado sistema fascial. La MIT® é un proceso de avaliación e tratamento no cal o terapeuta, transfire unha lixeira forza ao tecido diana, facilitando a recuperación da calidade do sistema fascial.


FIPEF

A Fisioterapia Pediátrica Funcional non é un método novo, non é unha fórmula nin un protocolo, é un concepto de avaliación e tratamento do neurodesenvolvemento do bebé, de abordar desde a fisioterapia individualizada e humanizada.




IBCLC

Un IBCLC (International Board Certified Lactation Consultant) traducido como Consultor de Lactación Certificado é un profesional da saúde especializada en lactación materna, certificado a nivel internacional. Estes consultores están capacitadas para axudar ás nais con calquera problema relacionado coa lactación, desde dúbidas básicas ata complicacións máis complexas.


T.M.P.I

A Terapia Manual Pediátrica Integrativa ( TMPI ) ten como obxectivo a integración da terapia manual e da fisioterapia pediátrica do desenvolvemento. Estas terapias específicas para o recén nacido pra solucionar: deformacions craneáis, cólicos do lactante, etc...





Quinesioloxía

Quinesioloxía Holística ou Physioenergetik é unha técnica de diagnóstico e tratamento que emprega a proba muscular chamada Arm Reflex (traducido como Reflexo do Brazo e abreviado como AR) introducido por Raphael Van Assche, para obter unha informacion precisa do corpo e o tratamento máis adecuado.




Punción Seca

A Punción Seca é unha técnica invasiva moi eficaz na que utilizamos unha agulla estéril para trabar as lesións do sistema músculo esquelético ou máis coñecido como puntos gatillo.




RPG

A Reeducación Postural Global (RPG) é un método de tratamento global que corrixe as tuas disfunción biomecánicas e reprograma os teus patrón posturáis, é un método suave, progresivo e activo, que pode ser aplicado en calquera idade respectando as posibilidades de cada persoa.






Nós

Fisioterapia Gustavo González é un Centro Sanitario de Fisioterapia e Osteopatía cuxo obxectivo fundamental é coidar a saúde dispensando unha atención especializada, integral e de calidade ás persoas que o precisan e que nos dan a súa confianza. Está dirixido por Fisioterapeutas titulados universitarios e Osteópatas (C.O.) colexiados profesionalmente. Utilízanse os métodos máis actuais de tratamento, así como cos medios técnicos máis idóneos, para conseguir unha óptima recuperación do paciente no menor tempo posible.

Somos unha Clínica privada na que os nosos tratamentos enfócanse en función das necesidades de cada persoa, analízase o seu caso e prográmase o tratamento á súa medida. Así, aplícanse as técnicas de Fisioterapia e Osteopatía máis convenientes de forma personalizada, realizándose unha terapia eficaz para que o paciente poida superar as súas doenzas e patoloxías.

Galería

Sala de espera

Recibidor

Acceso os Boxes

Despacho

Box 1

Box 2

Box 3

Centro




O equipo

Como profesionáis da saúde, e así dí a nosa traxectoria, estamos convencidos da eficacia das técnicas e tratamentos empleados pra obter coma resultado a satisfacción dos nosos pacientes.

Gustavo González

Gustavo González Milo

Xerente e fundador

Fisioterapeuta, Osteópata C.O.

Número de colexiado: 510

Indución Miofascial, FIPEF, IBCLC, Quinesioloxía Holística, TMPI, drenaxe linfática, RPG.

Yolanda Toro

Yolanda Toro Martínez

Fisioterapeuta, Osteópata C.O.

Número de colexiada: 2286

Especialidade en Indución Miofascial, Quinesioloxía.

Manuel Ángel Novás

Manuel Ángel Novás Casal

Fisioterapeuta

Número de colexiado: 2545

Especialidade en Mulligan, Punción seca.

Contacta con nós

Visítanos na Rúa Peregrina nº14 3ºD estamos dentro das galerías, a un paso da igrexa da Peregrina.